facebook instagram


Xacobeo Importa
 

27 Febrero 2022
O Vello Cárcere (Lugo)

JOAN AS POLICE WOMAN
USA

O acceso será GRATUÍTO mediante INVITACIÓN, que vos podedes descargar en Ataquilla.com



Joan Wasser -coñecida como JOAN AS POLICE WOMAN- leva máis de tres lustros sendo unha das voces máis inconformistas e prolíficas da escena independente internacional.



As composicións da produtora e multinstrumentista estadounidense transitan entre o indie-rock, pop, soul, sons experimentais e un toque moi persoal, onde teñen tamén cabida outros diversos estilos. É o que ela mesma define coma “Punk Rock R&B”



O seu talento levouna a colaborar nos últimos anos con grandes artistas coma Elton John, Rufus Wainwright, Sheryl Crow, Sparklehorse, Scissor Sisters, Antony and The Johnsons, Placebo, Gorillaz, etc, nun afán pola experimentación que se ve reflectido en todos os seus traballos, sempre eloxiados e ben recibidos por prensa e público.



No seu concerto en Lugo presentará cancións dos seus últimos 4 discos e temas do seu novo traballo «The Solution Is Restless»